Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Comercializadores de Mariscos (Agacomar), co número 72-171-1989.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación dos artigos 1 (constitución, denominación), 3 (domicilio social), 5 (fins), 18 (xunta directiva), 21 (socios), 36 (cota de inscrición) e 41 (liquidación) dos estatutos da Asociación Galega de Comercializadores de Mariscos (Agacomar).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación todas as empresas, sexan persoas físicas ou xurídicas, con traballadores a cargo, dedicadas á actividade que se sinala no artigo 1, sexa por si ou por representantes debidamente autorizados.

Asinantes: Juan Manuel Alfonso Outeda (presidente), Yolanda Rodríguez Bouzón (secretaria en funcións), Abelardo Rodríguez Martínez, Roberto Pernas Palmeiro, José Currás González e Enrique Coo Álvarez.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego