Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32135

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (348/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 348/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jesús Luis Montero Ares contra APV Motor, S.A. e o Servizo Público de Emprego Estatal se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Tense a Jesús Luis Montero Ares por desistido da demanda que deu lugar á incoación do presente procedemento número 348/2014 contra o Servizo Público de Emprego Estatal e APV Motor, S.A., e, en consecuencia, se decreta o sobresemento e arquivamento das actuacións.

Non procede efectuar imposición das custas procesuais a ningunha das partes.

Notifíquese ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición a interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza