Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (985/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 985/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Muelas Muelas contra Asepeyo, Instituto Nacional da Seguridade Social e Cee Faega I, S.L.U., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Pablo Muelas Muelas, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, contra Asepeyo Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo nº 151, e contra Cee Faega I, S.L.U., debo condenar a Cee Faega I, S.L.U. a aboarlle ao demandante, como responsable directo, a suma de 446,72 euros en concepto de diferencias na prestación de IT por razón da infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo da devandita cantidade por Asepeyo Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo nº 151, e das accións de reembolso que lle correspondan a esta contra a empresa demandada por razón da infracotización, e con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutua Asepeyo.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cee Faega I, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza