Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31835

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 pola que se acepta a renuncia da persoa adxudicataria e se concede unha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, convocada por Resolución do 30 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 30 de decembro de 2016 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro de 2017), establecéronse as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2017.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas de acordo cos criterios fixados no artigo 12 das bases reguladoras, a comisión de valoración elevou a persoa proposta para a concesión da bolsa e a lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

O 9 de xuño de 2017 a directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia ditou unha resolución pola que se concedía a bolsa de formación na Escola Galega do Consumo a Andrea García Soage e se establecía a lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que se poidan producir por non aceptación ou renuncia da bolsa concedida:

Orde

Nº de expte.

Solicitante

1

IN117A/17/046

Guitián Astray, Anxela

2

IN117A/17/008

Lorenzo Blanco, Beatriz

3

IN117A/17/028

Hermida González, Lucía

4

IN117A/17/022

López Gómez, Nahyr

5

IN117A/17/036

Varela Pérez, Irene

6

IN117A/17/032

Hermelo Jalda, Laura

7

IN117A/17/015

Lampón Lampón, Ramona

8

IN117A/17/017

Fernández Fernández, Yolanda

9

IN117A/17/002

Córdido Méndez, Pamela

O día 15 de xuño de 2017 Andrea García Soage, na súa condición de adxudicataria da bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, manifestou a súa renuncia á bolsa, polo que se propón a súa adxudicación á candidata que figura en primeiro lugar na lista de persoas suplentes, Anxela Guitián Astray.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 16.3 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia á bolsa de formación na Escola Galega do Consumo presentada por Andrea García Soage.

Segundo. Concederlle a bolsa de formación na Escola Galega do Consumo a Anxela Guitián Astray.

A bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.

Terceiro. Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo ás partidas orzamentarias 09.80.613A.480.0, «formación en materia de educación para o consumo responsable», e 09.80.613A.484.0, «cotas Seguridade Social bolseiros» dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2017, e que se destinarán ao pagamento da persoa bolseira e das custas da Seguridade Social.

A contía da bolsa calcúlase desde a data de incorporación da persoa beneficiaria ata o 31 de decembro de 2017.

Cuarto. A persoa beneficiaria deberá comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Logo de transcorrer o dito prazo, se a persoa beneficiaria non se declarase en ningún sentido, entenderase que acepta a bolsa.

Así mesmo, no caso de que a persoa beneficiaria non acepte a bolsa ou non poida incorporarse por calquera outro motivo, poderá ser substituída polas persoas que figuran na lista de reserva en función da súa puntuación.

Quinto. A persoa beneficiaria da bolsa terá as obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras, «Obrigas da persoa beneficiaria».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíquese esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia