Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos do servizo de deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental desde as aulas da natureza de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 14/2016 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27044

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable, e de educación ambiental desde as aulas da natureza de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 241.584,30 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 241.584,30 €. Importe total: 292.317,00 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1. Centro do Courel, provincia de Lugo. Importe neto: 84.204,40 €. Importe total: 101.887,32 €.

b) Lote 2. Aula da Natureza do Veral. Importe neto: 73.175,50 €. Importe total: 88.542,36 €.

c) Lote 3. Centro de Siradella, provincia de Pontevedra. Importe neto: 84.204,40 €. Importe total: 101.887,32 €.

7. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 27 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Conforma Forestal, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 75.170,00 €. Importe total con IVE: 90.955,70 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

8. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 62.199,18 €. Importe total con IVE: 75.261,01 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

9. Formalización do contrato do lote 3:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Hidria, Ciencia, Ambiente y Desarrollo, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 78.280,00 €. Importe total con IVE: 94.718,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio