Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 836/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 836/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Barja Rodríguez contra Classcentercambrige, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 8 de xuño de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 836/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Ana Belén Barja Rodríguez, asistida do letrado Rafael Alonso Martínez, contra Classcentercambridge, S.L., que non comparece, e contra Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes (…).

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Ana Belén Barja Rodríguez e condeno a empresa Classcentercambridge, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 783,33 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Classcentercambrige, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza