Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos do servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental nos parques naturais de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 13/2016 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27043

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental nos parques naturais de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 559.854,54 €.

5. Orzamento base de licitación: Importe neto: 559.854,54 €. Importe total: 677.423,99 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1. Parque Natural das Fragas do Eume, provincia A Coruña. Importe neto: 126.306,60 €. Importe total: 152.830,99 €.

b) Lote 2. Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, provincia A Coruña. Importe neto: 96.801,74 €. Importe total: 117.130,11 €.

c) Lote 3. Parque Natural da Baixa Limia Serra da Limia, provincia de Ourense. Importe neto: 90.154,40 €. Importe total: 109.086,82 €.

d) Lote 6. Parque Natural do Monte Aloia, provincia de Pontevedra. Importe neto: 84.204,40 €. Importe total: 101.887,32 €.

7. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Conforma Forestal, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 109.000,00 €. Importe total con IVE: 131.890,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

8. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 20 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Sociedad Cooperativa Galega de Educación Medioambiental CEM.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 90.000,00 €. Importe total con IVE: 108.900,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

9. Formalización do contrato do lote 3:

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 8 de maio de 2017.

c) Adxudicatario: Sterna Xestión Ambiental, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 72.375,00 €. Importe total con IVE: 87.573,75 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

10. Formalización do contrato do lote 6:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Conforma Forestal, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 73.300,00 €. Importe total con IVE: 88.693,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio