Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión dos lugares potencialmente contaminados.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 37/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=67258

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión dos lugares potencialmente contaminados.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90522000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.874.613,06 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 937.306,53 €. Importe total: 1.134.140,90 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 25 de abril de 2017.

c) Adxudicatario: UTE Envira Ingenieros Asesores, S.L.-Afesa Medio Ambiente, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 763.904,82 €. Importe total con IVE: 924.324,83 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio