Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 2 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Canelas XIII.

Visto o expediente instruido para os efectos de transmisión da batea Canelas XIII e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 31 de maio de 2017, Carmen Saavedra García e José Benito Piñeiro Creo solicitan autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Canelas XIII.

Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 239, do 16 de decembro) que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG número 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de David Places Fontaine e Ruth Mallo Mariño (76778148P-52931228V), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Canelas XIII.

Situación:

Cuadrícula nº: 49.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.11.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Carmen Saavedra García e José Benito Piñeiro Creo (76486697J-35395367T) 100 % ganancial.

Novos titulares: David Places Fontaine e Ruth Mallo Mariño (76778148P-52931228V) 100 % ganancial.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
(D.A. novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña