Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais da Laracha, non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.gal, e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: 78.506,20 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais modificacións contractuais previstas.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais da Laracha. A Laracha.

Número de expediente: OH.915.1124.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 71.213,79 euros. Importe total: 86.168,69 euros.

Data de adxudicación: 10 de maio de 2017.

Importe de adxudicación. Importe neto: 51.416,36 euros. Importe total: 62.213,80 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de maio de 2017.

Contratista: Ain Active, S.L.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia