Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00166-O-2017 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación dos expedientes sancionadores número OU-00166-O-2017 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 6 de xuño de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00166-O-2017

5194-DHK

Trasnfragame, S.L.

B73820060

Levar o reloxo do tacógrafo marcando unha hora distinta á do país de matriculación ou á real sempre que iso impida a lectura adecuada das actividades do condutor.

12.12.2016; 18.39.00; A-52; 181

Art. 140.33 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00281-I-2017

9556-GGT

Trans Isanbe, S.L.

B23653322

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

13.2.2017; 13.05.00; rúa do Tinteiro,s/n

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-00394-O-2017

4977-FTB

Basicarne, S.L.

B84482272

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

19.2.2017; 7.16.00; OU-160; 0,4

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

OU-00405-O-2017

4977-FTB

Basicarne, S.L.

B84482272

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

25.2.2017; 7.15.00; OU-180; 0,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

OU-00437-O-2017

LU-1653-U

Alquiatlantic, S.C.

J32445504

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.2.2017; 18.00.00; A-52; 181

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00444-O-2017

2182-BWF

Catering Or, S.L.

B32206880

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.3.2017; 8.13.00; OU-536; 4

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros