Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01547-O-2016 e dous máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-01547-O-2016 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 6 de xuño de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01547-O-2016

8606-GDV

Management Fish Galicia, S.L.U.

B36979243

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

11.9.2016; 12.29; A-52; 181

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-01623-O-2016

3753-BPW

Instalaciones Artísticas Iván, S.L.

B36464121

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

2.10.2016; 16.40; A-52; 173,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-01645-O-2016

3499-HVP

Cayser, S.L.

B27731116

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA de ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

6.10.2016; 11.16; A-52; 181,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros