Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2017025AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 15 de maio de 2017, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador núm. 2017025AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a entidade Nago Fish, S.L., con NIF B27827203.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a entidade Nago Fish, S.L., con NIF B27827203, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Pontevedra, 1 de xuño de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017025AL-PO.

Denunciada: entidade Nago Fish, S.L., con NIF B27827203.

Último enderezo coñecido: Porto Pesqueiro, Lonxa de altura, almacén 14, 36202 Vigo.

Feito imputado: supostas infracións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan os procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigo 3 do Regulamento de execución (UE) 931/2011 da Comisión, do 19 de setembro, relativo aos requisitos en materia de trazabilidade establecidos polo Regulamento (CE) 178/2002, do Parlamento Europeo e do Consello para os alimentos de orixe animal.

– Artigo 35 do Regulamento (UE) 1379/2013, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca da acuicultura, se modifican os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 e se derroga o Regulamento (CE) 104/2000.

– Artigo 9 do Regulamento 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

Tipificación: dúas infraccións administrativas unha tipificada como grave no artigo 51, punto 2, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, e outra tipificada como leve no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seis mil douscentos un euros (6.201,00 €).