Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais para a delimitación do núcleo rural de Fontesalgueira (Pino).

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais do Concello de Cospeito para a delimitación do núcleo rural de Fontesalgueira (Pino) mediante Acordo do Pleno ordinario do día 23 de maio de 2017, de conformidade co artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cospeito, 31 de maio de 2017

Armando Castosa Alvariño
Alcalde