Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31215

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2017.

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, en Resolución do 31 de maio de 2017, aprobou a oferta de emprego público desta administración para o ano 2017, que é a seguinte:

– Unha praza de funcionario de carreira, pertencente á escala básica, categoría policía do corpo de Policía Local do Concello do Barco de Valdeorras que está integrada no grupo C, subgrupo C1.

– Unha praza de funcionario de carreira, escala de Administración xeral, subescala auxiliar (1 praza) que está integrada no grupo C, subgrupo C2.

Para estas dúas prazas o prazo máximo para a convocatoria dos procesos selectivos será o 31 de marzo de 2018, o prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de decembro de 2018 e a provisión realizarase mediante oposición en quenda libre.

– Unha praza de funcionario de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica, técnico superior, arquitecto técnico integrada no grupo A, subgrupo A2.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de marzo de 2018.

O prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de marzo de 2019.

A selección realizarase mediante concurso-oposición en quenda libre.

Establécese o concurso-oposición ao considerar que resulta unha vantaxe para esta Administración, debido á natureza das funcións que se van desenvolver na praza, que o aspirante que resulte seleccionado teña experiencia e ou coñecementos, a maiores da titulación mínima exixida, previas no desenvolvemento das funcións técnicas encomendadas.

– Dúas prazas de persoal laboral fixo, oficial de primeira de parques e xardíns.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de marzo de 2018.

O prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de marzo de 2019.

As prazas seleccionaranse mediante concurso-oposición, unha en quenda libre e outra en promoción interna entre o persoal do Concello do Barco de Valdeorras.

Establécese o concurso-oposición ao considerar que resulta unha vantaxe para esta Administración, debido á natureza das funcións que se van desenvolver na praza, que o aspirante que resulte seleccionado teña experiencia e ou coñecementos previos no desenvolvemento das funcións encomendadas, que son de carácter predominantemente manual.

– Dúas prazas de persoal laboral fixo, oficial de primeira de obras e augas.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de marzo de 2018.

O prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de marzo de 2019.

A selección realizarase mediante concurso-oposición en quenda libre.

Establécese o concurso-oposición ao considerar que resulta unha vantaxe para esta Administración, debido á natureza das funcións que se van desenvolver na praza, que o aspirante que resulte seleccionado teña experiencia e ou coñecementos previos no desenvolvemento das funcións encomendadas, que son de carácter predominantemente manual.

O Barco de Valdeorras, 31 de maio de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde