Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis, en solo urbano.

O Pleno da Corporación do Concello de Curtis, en sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de xuño de 2017, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 9 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 83.5 e no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación do correspondente anuncio no DOG, prazo en que o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e se poderán formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, conforme o artigo 47.2 da LSG.

Curtis, 2 de xuño de 2017

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde