Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 2016, pronunciou a Sentenza número 595/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4490/2011, interposto por Jorge Víctor Gil Carnicer, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:
«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Jorge Víctor Gil Carnicer contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, polo que se suspende parcialmente o Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento e, conforme o instado, anulamos o referido Decreto 187/2011 no particular que aproba a ordenación urbanística provisional do nº 12 do anexo II do dito decreto, AR-39 E predio Mariñamansa; sen facer especial condena en custas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017
María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo