Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 598/2016, do 11 de outubro de 2015, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 11 de outubro de 2015, pronunciou a Sentenza número 598/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4575/2011, interposto pola Xunta de Compensación da Área de Repartición de Solo Urbano Non Consolidado número 47 e Rúa da Roda, contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento; sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola Xunta de Compensación da Área de Repartición de Solo Urbano Non Consolidado número 47 e Rúa da Roda contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos por ser contraria a dereito. Non se fai imposición das custas do recurso».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo