Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30781

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG nº 102, do 31 de maio de 2017, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 26280, na letra a) do artigo 4.1, onde di:

«a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, colexios profesionais, consellos reguladores de denominacións de orixe ou clústers empresariais apoiados no ámbito das axudas do Igape ás agrupacións (clústers) innovadoras convocadas por Resolución do 28 de xuño de 2013 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) ou que teñan a cualificación de AEI (agrupacións empresariais innovadoras) outorgada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo».

Debe dicir:

«a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, colexios profesionais, consellos reguladores de denominacións de orixe, cámaras oficiais e outras corporacións de dereito público relacionadas coa actividade empresarial ou clústers empresariais apoiados no ámbito das axudas do Igape ás agrupacións (clústers) innovadoras convocadas por Resolución do 28 de xuño de 2013 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) ou que teñan a cualificación de AEI (agrupacións empresariais innovadoras) outorgada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo».