Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30791

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (477/2016).

F02 Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado

Sobre alimentos provisionais

Demandante: Natasia Fernández Fernández

Procuradora: Cristina María del Río Recouso

Avogado: José Fernando Area Torres

Demandado: Vicenzo Taulli

Gema Antolín Perez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento F02-477-16 seguido por instancia de Natasia Fernández Fernández fronte a Vicenzo Taulli ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

En Pontevedra o 20 de abril de 2017.

Vistos por min, María del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de garda, custodia e alimentos, seguidos ante este xulgado co número 477/16, no cal é parte demandante Natasia Fernández Fernández, representada pola procuradora Cristina María del Río Recouso e asistida do letrado José Fernando Area Torres, e como parte demandada Vicenzo Taulli, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución

Estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Cristina María del Río Recouso, en nome e representación de Natasia Fernández Fernández contra Vicenzo Taulli, en rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. O fillo menor, Dylan Taulli Fernández, continuará baixo a garda e custodia da nai, Natasia Fernández Fernández. Atribúese a esta o exercicio exclusivo da patria potestade e suspéndese o demandado no exercicio da patria potestade ata que acredite na debida forma a súa plena aptitude para o exercicio dos dereitos e deberes inherentes á patria potestade en relación co seu fillo, e sen fixar ningún réxime de visitas ao seu favor.

2. Vicenzo Taulli deberá aboar en concepto de pensión de alimentos ao seu fillo Dylan a cantidade de 150 euros ao mes, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Os gastos extraordinarios necesarios que devindique o fillo satisfaranos por metade ambos os proxenitores e quedarán concretados ao concepto estrito destes, é dicir, gastos necesarios ortopédicos, oftalmolóxicos, médicos ou farmacolóxicos non cubertos pola Seguridade Social, e outros necesarios non periódicos e de tipo imprevisible.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

E atopándose o dito demandado, Vicenzo Taulli, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza