Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30789

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (429/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

Sentenza.

Ourense, 15 de decembro de 2016.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente sentenza no xuízo verbal civil 429/2016, en que é parte demandante Manuel Ferreiro Ferreiro, a quen representa a procuradora Sra. González Nespereira e asiste a letrada Sra. Belenda Losada, e como demandada, Mª Sol Montoya Montoya, en situación procesual de rebeldía, ao non comparecer a xuízo, cos seguintes

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda presentada por Manuel Ferreiro Ferreiro, a quen representa a procuradora Sra. González Nespereira, fronte a Mª Sol Montoya Montoya, e na dita razón, decrétase a resolución do contrato de arrendamento asinado entre as partes con data do 15 de marzo de 2016, e condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.548 euros.

En canto ás custas, aplicarase o acordado igualmente na epígrafe correspondente, con imposición das custas procesuais á demandada vencida.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, segundo a redacción do artigo 455 e concordantes da LAC.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Darío Carpio Estévez Pérez. Asinado e rubricado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada María Sol Montoya Montoya, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación en forma da sentenza ditada.

Ourense, 27 de marzo de 2017

O/A letrado/a da Administración de xustiza