Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30788

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (131/2017).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada de Administración de xustiza de Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, por este edicto fago constar que na peza de apelación 131/2017, dimanante de procedemento de familia 117/2015 sobre garda, custodia e alimentos de fillo menor, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, esta sección ditou a Sentenza do 29 de maio de 2017 en que se estima parcialmente o recurso de apelación interposto pola procurador Sra. Llorden, en representación de Kelly Mendes, e se revoga a sentenza ditada en primeira instancia. Declaramos que se atribúe a garda e custodia do menor Thierry á nai e que sendo a patria potestade é compartida por ambos os proxenitores. O texto íntegro se atopa nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación por interese casacional ou, de ser o caso, extraordinario por infracción procesual, no prazo dos vinte (20) días hábiles seguintes ao da notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador que se presentará ante esta sección.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Tiago José Rosa de Jesús, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 6 de xuño de 2017