Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 23/2015).

Procedemento ordinario PO 23/2015

Sobre: ordinario

Demandante: José Lorenzo Martís Santamaría

Demandados: Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. y Nem. Ord., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 23/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría contra a empresa Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Nem. Ord., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión que estimando parcialmente a demanda interposta por José Lorenzo Martís Santamaría contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope e Nem. Ord., e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Limpiezas Secope, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 5.050,83 euros polos conceptos indicados no feito probado noveno desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo absolver e absolvo as mercantís Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. e Limpiezas Secope e Nem. Ord. dos pedimentos deducidos na súa contra.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Nem. Ord., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza