Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (199/2017).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 199/2017, sendo parte nel, dun lado, como demandante, Isidro Pena López, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e doutro, como demandada, a empresa Miquel Vázquez Penas, que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Decisión.

Estímase a demanda formulada por Isidro Pena López fronte á empresa Miquel Vázquez Penas, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Miquel Vázquez Penas ao demandante Isidro Pena López.

– Condénase a Miquel Vázquez Penas a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 354,64 euros. O aboamento da dita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 62,04 euros diarios.

– Condénase a Miquel Vázquez Penas a aboarlle a Isidro Pena López a cantidade de catrocentos vinte e tres euros con oitenta e cinco céntimos de euro (423,85 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 9 de maio de 2016