Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (944/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 729/2014, nos cales son parte, dun lado, como demandante, José María Golpe Pérez, asistido polo letrado Sr. Naveira Couceiro e, doutro, como demandada, a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Decido estímar a demanda formulada por José María Golpe Pérez contra Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. a aboar a José María Golpe Pérez a cantidade de cinco mil corenta e tres euros con oito céntimos de euro (5.043,08).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 3 de maio de 2017