Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (721/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 721/2014, nos cales son parte, dun lado, como demandante, Marcos Siso Barbeito, asistido polo letrado Sr. Citro Comesaña e, doutro, como demandada, a mercantil Radmar, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Decido.

Estimar a demanda formulada por Marcos Siso Barbeito contra Radmar, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Radmar, S.L. a aboar a Marcos Siso Barbeito a cantidade de dezanove mil cento oitenta e tres euros con noventa céntimos de euro (19.183,92 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 3 de maio de 2017