Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Taboada (expediente IN407A 2017/64-2, 8536 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Domicilio social: polígono das Fontiñas, Área Central, 25 Z-1º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: electrificación do parque empresarial Taboada.

Situación: concello de Taboada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 190 m, con orixe en CS (27CT35 existente), condutor tipo RHZ1 e final en CT-1 proxectado.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 35 m, con orixe en CT-1 proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en PAS en poste 94 da LMT CHA805.

3. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 285 m, con orixe en CT-1 proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en CT-2 proxectado.

4. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 155 m, con orixe en CT-2 proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en PAS en poste 97 da LMT CHA805.

5. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFU-5, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

6. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo CTEP compacto de manobra exterior, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

7. Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 739 m, con orixe en CT-1 proxectado, condutor tipo RV-240 e final nas parcelas industriais.

8. Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 618 m, con orixe en CT-2 proxectado, condutor tipo RV-240 e final nas parcelas industriais.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 13 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo