Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo de procedencia de reintegro da axuda pola contratación indefinida inicial, regulada na Orde do 28 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), relativa ao expediente TR349A 2013/16-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Advírteselles que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 6 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2013/16-2.

Nome: Donde Era Pinilla, C.B.

DNI/NIF: B27446343.

Último enderezo coñecido: avenida Madrid, 36, 2º A, 27640 Becerreá (Lugo).

Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial (Programa CONII).

Orde reguladora: Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (DOG do 6 de xuño), anexo I.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de dous anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo I da orde de convocatoria.

Contido: acordo de procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 18 de maio de 2017.