Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Taboada e O Saviñao (expediente IN407A 2017/65-2, 8537 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Xestión do Sólo de Galicia-Xestur, S.A.

Domicilio social: polígono das Fontiñas, Área Central 25 Z-1º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT alimentación exterior ao parque empresarial de Taboada.

Situación: concellos de Taboada e O Saviñao.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 3.800 m, con orixe no PAS proxectado sobre o apoio de formigón número 20 correspondente á LMT aérea procedente da saída CHA813 (Currelos 13) da subestación Chantada, condutor tipo RHZ1 baixo canalización con tubos de 160 mm e 125 mm de diámetro, e final no PAS proxectado sobre apoio de formigón existente número 69-87 da LMT CHA805.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 3.450 m, con orixe no PAS proxectado sobre o apoio de formigón existente número 69-149-A8 da LMT CHA805, condutor tipo RHZ1 baixo canalización con tubos de 160 mm e 125 mm de diámetro, e final na cela de liña proxectada no centro de seccionamento existente no parque empresarial de Taboada.

3. Por arquitectura de rede, realízanse as seguintes operacións:

a) Retirar o seccionador SXS existente no apoio de formigón existente número 69-172, instalando novo seccionador fusible XS sobre o dito apoio, para protección e manobra do racimo conformado polo CT existente Xián e outros.

b) Retirar o seccionador fusible XS existente no apoio de formigón número 69-149 existente para protección e manobra do acio conformado polos centros de transformación existentes Deilas, Santa Baia, Vilar de Cabalos e Seixas, instalando novo seccionador fusible XS sobre o dito apoio, para protección e manobra do acio conformado polo CT existente Santa Baia.

c) Montaxe de seccionador fusible XS para o acio conformado polos centros de transformación existentes Vilar de Cabalos e Seixas, sobre apoio de formigón existente número 69-149-A1.

d) Retirar a ponte amovible existente no apoio de formigón número 69-149-A8 existente, instalando no seccionador fusible XS sobre dito apoio, para protección e manobra do acio conformado polo centro de transformación existente Deilas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 13 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo