Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 544/2014).

Procedemento ordinario 544/2014

Sobre: ordinario

Demandantes: Juan Manuel Ares González, Julio Vigo Trillo, Ricardo Cousiño Pardal, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, Delfina Refojo González

Abogados: Manuel López Núñez

Graduados sociales: Laura Prieto Curras

Demandados: Refojo y González, S.A., María José Lorenzo Gómez, Fogasa

Avogados: Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 544/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Ares González, Julio Vigo Trillo, Ricardo Cousiño Pardal, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, Delfina Refojo González, José Luis Márquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Hermo Freire, José Antonio García Freire, contra Refojo y González, S.A., María José Lorenzo Gómez, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamiento e decisión son literalmente como segue:

Sentenza 260/2017.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 544/2014, seguidos por instancia de Julio Vigo Trillo, Juan Manuel Ares González, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, José Luis Márquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Hermo Freire, representados e asistidos pola graduada social Sra. Prieto Currás, e Ricardo Cousiño Pardal e Delfina Refojo González, que non comparecen neste acto, contra a entidade Refojo y González, S.L., que non comparece a pesar de constar debidamente citada, fronte á administración concursal (Mª José Lorenzo Gómez) e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decisión:

Que debo ter por desistidos a Ricardo Cousiño Pardal e Delfina Refojo González das pretensións por eles formuladas, tendo en conta que non comparecen neste acto, e debo estimar a demanda presentada por instancia de Julio Vigo Trillo, Juan Manuel Ares González, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, José Luis Márquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Hermo Freire, representados e asistidos pola graduada social Sra. Prieto Currás, contra a entidade Refojo y González, S.L., que non comparece a pesar de constar debidamente citada, fronte á administración concursal (Mª José Lorenzo Gómez) e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento aos demandantes das cantidades seguintes:

Demandante

Cantidades

Julio Vigo Trillo

1.866,46 €

Juan Manuel Ares González

2.071,58 €

Alfonso N. Ares González

2.071,58 €

Josefa González Tarrío

2.268,83 €

José Luis Márquez Citoula

1.648,02 €

Valentín Torrado Lestido

2.084,62 €

José Manuel Hermo Freire

1.022,44 €

José Antonio García Feire

2.071,58 €

Como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno a administración concursal, Mª José Lorenzo Gómez, se ateu á anterior resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Refojo y González, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no diario oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza