Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/121-2, 8430 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: automatización do CT 8297 Retorta.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV en dobre circuíto con orixe no apoio 63 da LMT Fazouro e final no CT Retorta, cunha lonxitude de 50 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

2. Reforma do CT existente non prefabricado Retorta (8297), cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e cunha potencia instalada de 100 kVA, no cal se constrúe un depósito de recollida de aceite, unha canle de celas de MT, un tabique de separación, un falso teito, unha porta de acceso ao trafo, unha porta de acceso ás celas de MT, unha porta de acceso ao cadro de BT, reixas de ventilación e pintado de paredes, chan e teito. Instálanse dúas celas de liña e unha de protección, un cadro de baixa tensión, realízanse as pontes CT-MT e CT-BT e reinstálase o concentrador e o transformador de 100 kVA.

3. Instálanse dous mandos motores, dous relés de control, un relé electrónico e toroidais de intensidade, todo iso para telemandar dúas celas de liña, a 17 e a 27, desde o centro de control de Viesgo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG. núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 30 de maio de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica