Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución revogatoria da axuda concedida pola contratación indefinida de persoas asalariadas, reguladas na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349F 2016/46-2.

Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a resolución revogatoria da axuda concedida a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado, durante este prazo, poderase presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 6 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2016/46-2.

Nome: Ioan Marian Cazac.

DNI/NIF: Y1511483Y.

Último enderezo coñecido: A Estrada, 17, Noche, 27812 Vilalba (Lugo).

Axuda: programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Orde reguladora: Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro).

Feito imputado: non estar ao día no cumprimento das súas obrigas.

Precepto infrinxido: artigo 19, punto 3, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria ditada o 22 de maio do 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.