Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2017/024-1).

Expediente: IN407A 2017/024-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT VIM-803 lugar da Cacharosa.

Concello: Zas.

Feitos.

1. O 3 de febreiro de 2017 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG nº 66, do 4 de abril de 2017, e no BOP nº 53, do 20 de marzo.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTA a 20 kV, de 5 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 64-3 proxectado para intercalar na liña VIM-803 (liña Laxe-Neaño), antes da derivación ao CT da Cacharosa 1 (15×562), que se vai substituír e final no novo apoio nº 64-4 proxectado, onde se instalará o novo CTI da Cacharosa 1 proxectado, que substituirá o pórtico existente.

– LMTS a 20 kV, de 147 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S do apoio nº 64-3 proxectado para intercalar na liña VIM-803 (liña Laxe-Neaño), antes da derivación ao CT da Cacharosa 1 (15×562) que se vai substituír, e final no paso A/S do apoio nº 64-5 proxectado, que substitúe o existente da LMT VIM-803, no tramo entre a derivada ao CT da Cacharosa 1 (15×562) que se vai substituír e o CT da Cacharosa 2 (15×563).

– Novo CTI da Cacharosa 1 (15×562), cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 45.970,91 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 22 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña