Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT CES-705 lugar de Carballal, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/281-1), por Resolución desta xefatura territorial, do 12 de abril de 2017, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 6 de xullo de 2017 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Abegondo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia do 5.1.2016, 22.12.2015 e 22.1.2016, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 29 de maio de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña