Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29603

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1235/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1235/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Fente Omil contra Disgufer, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza

Na Coruña, o 16 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 1235/2014, seguidos perante este xulgado por instancia de Roberto Fente Omil, representado polo graduado social José Antonio Barros Rodríguez, contra Disgufer, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, dito a sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Roberto Fente Omil e condeno a empresa Disgufer, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 4.958,53 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Disgufer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza