Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29601

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1251/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1251/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Carro Regueiro contra Fogasa, Centro Clínico Ribadeo, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 1251/2014.

Demandante: María del Carmen Carro Regueiro

Letrado: Sr. Páramo Sureda

Demandados: Centro Clínico Ribadeo, S.L.

Sentenza:

A Coruña, 4 de maio de 2017.

Decisión:

1. Estimo a demanda formulada por María Carmen Carro Regueiro fronte a Centro Clínico Ribeiro, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle ao primeiro a suma de 352,93 euros en concepto de salarios debidos.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Así o pronuncio, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Centro Clínico Ribadeo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza