Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (592/2016).

María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 592/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eloy Manuel Soto López contra a comunidade hereditaria de José Alfredo Martínez González, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda formulada por Eloy Manuel Soto López contra a comunidade hereditaria de José Alfredo Martínez González e condeno a demandada a que aboe a cantidade de 5.730 euros á parte demandante polos conceptos reclamados no presente litixio cos xuros moratorios do artigo 29 ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á comunidade hereditaria de José Alfredo Martínez González, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza