Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (593/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 593/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurora Álvarez Villar contra Cafetería Hilton, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda formulada por Aurora Álvarez Villar contra a empresa Cafetería Hilton, S.L. e condeno a demandada a que aboe a cantidade de 4.708,33 € á parte demandante polos conceptos reclamados no presente litixio, cos xuros moratorios do artigo 29 ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cafetería Hilton, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza