Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de alleamento da parcela municipal PR-4 do proxecto de compensación SUNP-4 Camiño Francés con destino á construción de vivenda de protección autonómica de réxime concertado.

Obxecto do contrato: alleamento da parcela municipal PR-4 do proxecto de compensación SUNP-4 Camiño Francés con destino á construción de vivenda de protección autonómica de réxime concertado.

Referencia do expediente: CON/19/2017.

Tipo de licitación: o prezo de venda da parcela (sen IVE) é de 788.903,46 euros. O IVE ascende a 165.669,73 euros, polo que o prezo resultante é de 954.573,19 euros. Este prezo é o único posible e preceptivo, sen que sexa admisible licitación á alza ou á baixa, polo que quedarán rexeitadas automaticamente as ofertas económicas que o melloren ou minoren.

Adxudicación: procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (r/ Presidente Salvador Allende, nº 4, CP 15705 Santiago), das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 45 días naturais, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Documentación/información:

Perfil municipal de contratante: www.santiagodecompostela.gal

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 12.II) do prego de cláusulas administrativas.

a) Criterios sociais:

Incorporación de persoas desempregadas (até 25 puntos). Avaliarase o compromiso de reservar no proceso edificatorio posterior postos de traballo para colectivos desfavorecidos, con dificultades de acceso ao mundo laboral ou con risco de exclusión social. Para estes efectos terán a dita consideración:

• Persoas desempregadas de longa duración.

• Persoas maiores de 55.

• Perceptores de renda mínima de inserción.

• Mozos e mozas maiores de 18 anos que sexa o seu primeiro traballo.

• Mulleres vítimas da violencia de xénero.

Para avaliar esta epígrafe teranse en conta os seguintes aspectos:

Número e porcentaxe de persoas anteriormente mencionadas en situación de desemprego que o licitador se compromete a contratar nos casos de novas contratacións, baixas e substitucións para a execución de vivenda de protección pública na parcela que adquire.

Valorarase ata 25 puntos o licitador que se comprometa a empregar para a execución edificatoria posterior, nos supostos de novas contratacións, baixas ou substitucións, unha porcentaxe superior ao 5 % de persoas desempregadas inscritas nas oficinas de emprego. Priorizarase na súa contratación os pertencentes a colectivos desfavorecidos, con dificultades de acceso ao mundo laboral ou con risco de exclusión social.

Outorgarase maior puntuación ao licitador que ofertase a maior porcentaxe por riba do mínimo establecido no criterio de adxudicación. O resto das ofertas valorarase de forma proporcional coa seguinte fórmula:

P=Po/PoM x puntuación máxima.

Resultando P (puntuación obtida pola entidade licitadora= Po Porcentaxe superior ao mínimo/Porcentaxe superior ao mínimo contida na mellor oferta das licitadoras x puntuación máxima.

Estabilidade no emprego, avaliarase ata 25 puntos o compromiso relativo aos postos de traballo no posterior proceso edificatorio da parcela que se adquire que deberá cumprir e acreditar para as novas contratacións, baixas o substitucións, que a lo menos o 30 % é indefinida.

b) Criterios ambientais, avaliaranse ata 10 puntos as propostas que se comprometan a utilizar a tecnoloxía relativa ás características enerxéticas do edificio: envolvente térmica, instalacións térmicas e de iluminación, condicións normais de funcionamento e ocupación, condicións de confort térmico, lumínico, calidade do aire interior e demáis datos utilizados para obter a cualificación de eficiencia enerxética do edificio e valorarase a razón de 5 puntos o compromiso de obter o certificado de eficiencia enerxética A regulado no Real decreto 235/2013, de 5 de abril; os outros 5 puntos restantes valoraranse en atención á tecnoloxía utilizada relativa ás características enerxéticas do edificio sinalada.

c) Criterios económicos:

Redución do prazo de pagamento correspondente ao segundo ou terceiro prazo (ata 20 puntos), valorándose a razón de dous puntos por cada mes de redución do prazo, sen que poida reducirse máis o pagamento do terceiro prazo que o primeiro.

Destino a alugamento (ata 20 puntos). Para avaliar esta epígrafe teranse en conta os seguintes aspectos:

1. Maior número de vivendas que se dedicarán a alugamento: 4 puntos. Outorgarase a puntuación máxima de 4 puntos á proposta que inclúa un maior número de vivendas en réxime de alugamento valorándose as restantes de xeito proporcional.

2. Menor renda máxima anual: 4 puntos. Outorgarase a puntuación máxima de 4 puntos á proposta de menor renda máxima anual, as restantes valoraranse de xeito proporcional.

3. Maior prazo de vinculación das vivendas en réxime de alugamento: 4 puntos. Outorgarase a puntuación máxima de 4 puntos á proposta de maior prazo de vinculación das vivendas en réxime de alugamento valorándose as restantes de xeito proporcional

4. Posibilidade de opción de compra a favor do arrendatario: 4 puntos. Outorgarase a puntuación de 4 puntos ás propostas que inclúan a posibilidade de opción de compra a favor do arrendatario.

5. Menor prezo final de alleamento a favor do arrendatario: 4 puntos. Outorgarase a puntuación máxima de 4 puntos á proposta de menor prezo final de alleamento a favor do arrendatario, as restantes valoraranse de xeito proporcional.

Os parámetros de referencia son os establecidos pola normativa vixente en materia de vivenda protexida.

Garantía provisional: 3 % do prezo de licitación.

Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: as datas de apertura dos sobres que conteñen os diferentes criterios de adxudicación que se van a valorar nesta licitación, que terán lugar en acto público no Departamento de Contratación (r/ Presidente Salvador Allende, nº 6-8), anunciaranse previamente no perfil do contratante do órgano de contratación nos termos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde