Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 312/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 312/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ezequiel Catoira Castiñeiras contra Construcciones Rafra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 27.9.2017, ás 12.15 horas, na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 27.9.2017 ás 12.20 horas na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Dado que á entidade demandada Construcciones Rafra, S.L. non consta a notificación do Decreto de espera de 14.4.2017, por estar «ausente na repartición», procédase á consulta domiciliaria da empresa demandada telematicamente por medio do punto neutro xudicial e, realizada a devandita consulta, acordarase.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírtese igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Tamén se ten por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado/a social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza