Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29087

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (756/2016).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Enrique José Egea Lapina contra Lázara Ramos Valdés se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Pontevedra, o 4 de abril de 2017.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 756/2016, no cal é parte demandante Enrique José Egea Lapina, representado pola procuradora Natalia Troitiño Abalo e asistido da letrada Adriana Espiño Fuentes, en substitución do letrado José Luis Fernández Fernández, e como parte demandada Lázara Ramos Valdés, declarada en situación procesual rebeldía».

«Resolvo que estimo a demanda presentada pola procuradora Natalia Troitiño Abalo, en nome e representación de Enrique José Egea Lapina, contra Lázara Ramos Valdés, en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 3 de maio de 2012, inscrito no tomo 2363, páxina 145 da Sección Segunda do Rexistro Civil Central, e tomo 112, páxina 211 do Consulado Xeral de España na Habana, con todos os efectos legais que comporta a dita declaración. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil Central.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se lles advirte que contra ela cabe recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data indicados nela. Dou fe».

Ao encontrarse a dita demandada, Lázara Ramos Valdés, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 4 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza