O Concello de Muros solicitou, logo da tramitación do oportuno expediente, ao abeiro do disposto no artigo 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, á Dirección Xeral de Administración Local a clasificación do posto de tesoureiro/a, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, nos seguintes termos:
Concello: Muros.
Posto: tesoureiro/a.
Subescala: intervención-tesouraría.
Categoría: entrada.
Forma de provisión: concurso.
O xefe de servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, tendo en conta a normativa aplicable (Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en virtude do mandato recollido na DT VII da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como polo Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional), despois do exame do expediente, emitiu o correspondente informe proposta (no cal levou a cabo a análise do réxime xurídico aplicable, competencia, requisitos para a concesión e condicións) que conta co visto e prace da subdirectora de Réxime Xurídico Local, favorable á clasificación solicitada.
Con base no informe proposta sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e artigo 1.6 da Orde do 14 maio de 2013, sobre delegación de competencias (DOG núm. 92, do 15 maio),
RESOLVO:
Primeiro. Clasificar o posto reservado a funcionarios con habilitación nacional nos seguintes termos:
Concello: Muros.
Posto: tesoureiro/a.
Subescala: intervención-tesouraría.
Categoría: entrada.
Forma de provisión: concurso.
Segundo. Publicar esta resolución no DOG e no BOE, así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública.
Terceiro. A presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración local