Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 20/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 20/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Víctor Tubío Rey contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., en situación de insolvencia total polo importe de 5.118,38 euros e polo importe de 794 euros fronte a Hipescar, S.L., máis a cantidade de 511,8 euros en concepto de xuros e custas da presente execución, sen prexuízo esta última cantidade de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial e no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza