Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (261/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 261/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Tomé González contra Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 25.10.2017, ás 9.45 horas na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a aveniencia, o día 25.10.2017, ás 9.50 horas na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda; advertindo igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistida representada de avogado/a ou graduado/a social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza