Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 29 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2016/00319 e un máis).

O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador número RA/M/2016/00319 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada ás persoas interesadas.

Infórmase de que o expediente sancionador se atopa ao seu dispor na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número do recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia:

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
infrinxido

Sanción imposta

Resolución
do recurso

PO-00282-O-2014

RA/2016/00319

PO3132AL

Construcciones Crespo, S.A.

Circular transportando mercadorías carecendo a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso.

29.11.2013; 16.20; PO531; 4+600

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-00049-O-2014

RA/M/2017/00173

7886-HKL

Trans-Ayán, S.L.

Transporte de mercadorías efectuando unha diminución do tempo de descanso semanal.

20.10.2013; 11.58; A52; 203

Art. 140.37.6 LOTT

1.500,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta