Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de maio de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as solicitudes de datos de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00099-O-2017 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a solicitude de datos do expediente sancionador número OU-00099-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de solicitude de datos ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para aportar a documentación requirida:

Así mesmo, advírteselle que, no caso de non recibir resposta algunha ao noso requirimento, iniciarase sen máis trámite o correspondente expediente de sanción, como falta grave ou moi grave, por obstrución ao labor inspector, ao non facilitar os datos requiridos, que lle impide o exercicio das súas funcións.

Na súa contestación é imprescindible que se faga referencia ao número de expediente anteriormente citado.

Ourense, 24 de maio de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Feito denunciado

Data-Hora-Estrada-p.q.

Datos requiridos

OU-00099-O-2017

9284-DJY

Francisco José Hernández Lucas

22964359D

Transportes de mercadorías desde Cartagena ata Pontevedra, Lugo, Coruña e Oviedo carecendo, faltando datos esenciais ou ocultando a documentación de control.

27.10.2016; 9.42; A-52; 202,0

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, achegando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador), en orixinal ou copia debidamente compulsada.

OU-00420-O-2017

0017-GVZ

Javier Canal Meazt

30620454W

Realizar un transporte público de mercadorías carecendo de datos obrigatorios no documento de control.

8.2.2017; 17.25; A-52; 132

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, achegando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador), en orixinal ou copia debidamente compulsada.

OU-00468-O-2017

6676-DVT

Juan Manuel Méndez Cougil

34955694H

Transporte de mercadorías desde Mos ata Elorrio excedéndose a MMA total do vehículo superior a 12 tm realizando transporte público discrecional de mercadorías. Masa en carga: 41.200 kg, MMA: 1.200 kg, 3 %. Transporta viruta.

8.2.2017; 11.15; A-52; 181

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, achegando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador), en orixinal ou copia debidamente compulsada.

OU-01659-O-2016

7600-HDF

Imperio Europeo Import Export, S.L.

B85981041

Transporte de mercadorías desde Arganda del Rei ata varios excedéndose a MMA total de vehículo inferior ou igual a 12 tm realizando transporte público discrecional de mercadorías. Masa en carga: 5.300 kg, MMA: 3.500 kg, exceso: 1.800 kg, 51,42 %. Transporta alimentación.

21.10.2016; 1.26; A-52; 200,0