Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa e da batea Florentino I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Florentino I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 19.4.2017, Juan José Otero Cadórniga solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión e da batea Florentino I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante apartación, a favor de Marcos Otero Otero (35462003M), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Florentino I.

Situación:

Cuadrícula nº: 119.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.11.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Juan José Otero Cadórniga (35412863Q).

Novo titular: Marcos Otero Otero (35462003M).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento da formalización da apartación en escritura pública, e en particular nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos no ámbito da acuicultura (expediente PE 205B 2011/48-8) por importe de 7.194,00 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de maio de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
(D.A. novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo