De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente INC-OU-0045/2015-LSA.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Programación e Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa escolla, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: INC-OU-0045/2015-LSA.
Persoa interesada: Emilio Rodríguez Domínguez.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.
Último enderezo coñecido: r/ Curros Enríquez, 23-3º, 32500 O Carballiño (Ourense).