Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 9 de marzo de 2017, ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, da zona de concentración parcelaria de Porqueira II (Porqueira).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural.

Ourense, 29 de maio de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

1. Destinatario: José Antonio Penín Rodríguez.

Enderezo: Forxa, Porqueira, 32643 Ourense.

Acto notificado:

Resolución do 9 de marzo de 2017 ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e pola que se resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), no sentido de:

«Variar o predio nº 448 (José Antonio Penín Rodríguez e outros, prop. nº 451) e 449 co fin de que o galiñeiro propiedade de Manuel Lanzós Penín quede totalmente dentro do seu predio nº 449, sen que se produza alteración das súas superficies e valores».

2. Destinataria: María Otero Rodríguez.

Enderezo: San Lourenzo, Porqueira, 32643 Ourense.

Acto notificado:

Resolución do 9 de marzo de 2017 ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e pola que se resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), no senso de:

«Variar un metro o linde común dos predios nº 330 (Sergia Quintas Penín, prop. 487) e 329 (María Otero Rodríguez, prop. nº 420), de xeito que este incremente un metro de fronte que perde no fondo, polo que ambos os predios manteñen inalteradas as súas superficies en valores».

3. Destinataria: Dolores Rodríguez Gómez.

Enderezo: Los Hueros, Villalbilla, 28810 Madrid.

Acto notificado:

Resolución do 9 de marzo de 2017 ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e pola que se resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), no senso de:

«Variar, tal e como se reflicte en planos, a configuración dos predios nº 715 e 716, quedando o predio nº 715 (Dolores Rodríguez Gómez, prop. nº 588) con 165 m2 de 66 puntos de valor, e o nº 716 (José González Gómez) con 185 m2 e 164 puntos de valor».

4. Destinatario: Ricardo Vázquez Castañeda.

Enderezo: Montfloril, 137-1º, Grava, 08001 Barcelona.

Acto notificado:

Resolución do 9 de marzo de 2017 ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e pola que se resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), no senso de:

«Variar, tal e como se reflicte en planos, o predio nº 1.304 e 1.305 (Ricardo Vázquez Castañeda e outra), de xeito que o camiño S-4 4 se prolongue sobre o predio nº 1.305, e pasa a constar con 2.620 m2 e 2.594.75 puntos, desaparecendo os antigos camiños».

5. Destinataria: Concepción Valencia Rodríguez.

Enderezo: Forxa, Porqueira, 32643 Ourense.

Acto notificado:

Resolución do 9 de marzo de 2017 ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e pola que se resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), no sentido de:

«Variar, tal e como se reflicte en planos, o linde común entre os predios nº 1.030 (Concepción Valencia Rodríguez e outro prop. nº 765) e 1.031 (José Rodríguez Nóvoa, prop. nº 614), mantendo fixo o cerramento das súas parcelas antigas, sen que se produza alteración das súas superficies e valores».

6. Destinatario: Benito Valencia Rodríguez.

Enderezo: A Forxa, Porqueira, 32643 Ourense.

Acto notificado:

Resolución do 9 de marzo de 2017 ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e pola que se resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), no sentido de:

«Variar, tal e como se reflicte en planos, o linde común entre os predios nº 1.030 (Concepción Valencia Rodríguez e outro prop. nº 765) e 1.031 (José Rodríguez Novoa prop. nº 614), mantendo fixo o cerramento das súas parcelas antigas, sen que se produza alteración das súas superficies e valores».

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.