Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do acordo marco cun único empresario de reactivos de diagnóstico en laboratorio de determinadas enfermidades animais (expediente 1/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de reactivos de diagnóstico en laboratorio de determinadas enfermidades animais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=81504.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 20 de decembro de 2016, BOE do 28 de decembro de 2016 e DOG do 4 de xaneiro de 2017.

e) División por lotes e número: si. Lote 1: kits de reactivos para o diagnóstico da paratuberculose en ruminantes por Elisa. Lote 2: kits de reactivos para o diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) por Elisa. Lote 3: kits de reactivos para o diagnóstico da neosporose en ruminantes por Elisa. Lote 4: kits de reactivos para o diagnóstico da diarrea vírica bovina e enfermidade de Border dos pequenos ruminantes (BVD/BD) por Elisa de detección de anticorpos e de antíxeno. Lote 5: kits de reactivos para o diagnóstico da síndrome respiratoria e reprodutiva porcina (PRRS) por Elisa e lote 6: kits de reactivos Elisa para diagnóstico das encefalopatías esponxiformes transmisibles (EETS) en bovinos e pequenos ruminantes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento máximo de licitación.

Importe neto: 1.473.000,00 € (sen IVE).

Valor máximo estimado: 3.535.200,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do acordo marco.

Lote 1: kits de reactivos para o diagnóstico da paratuberculose en ruminantes por Elisa.

a) Data de adxudicación: 31 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: IDEXX Laboratorios, S.L.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario é de 0,20 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 10 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 2: kits de reactivos para o diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) por Elisa.

a) Data de adxudicación: 31 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: Nirco, S.L.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario é de 0,31 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 10 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 3: kits de reactivos para o diagnóstico da neosporose en ruminantes por Elisa.

a) Data de adxudicación: 31 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: IDEXX Laboratorios, S.L.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario é de 0,47 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 10 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 4: kits de reactivos para o diagnóstico da diarrea vírica bovina e enfermidade de Border dos pequenos ruminantes (BVD/BD) por Elisa de detección de anticorpos e de antíxeno.

a) Data de adxudicación: 31 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: IDEXX Laboratorios, S.L.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario é de 0,48 € para o produto 1 e 2 (sen IVE) e de 1,46 € para o produto 3 (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 10 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Lote 5: kits de reactivos para o diagnóstico da síndrome respiratoria e reprodutiva porcina (PRRS) por Elisa.

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2017.

b) Adxudicataria: Inmunología y Genética Aplicada, S.A.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario é de 0,80 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 11 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 6: kits de reactivos Elisa para diagnóstico das encefalopatías esponxiformes transmisibles (EETS) en bovinos e pequenos ruminantes.

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2017.

b) Adxudicataria: IDEXX Laboratorios, S.L.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario é de 3 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 11 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural